Unlisted
This wiki will not appear in search results, but can still be viewed by anyone!
Repair Manifesto Translation, Galego
This is a translation of the Repair Manifesto
Manifesto polo dereito a reparar por nós mesmos/as
Mantemos que as seguintes verdades son evidentes por si mesmas:
Reparar é mellor que reciclar
Facer que as cousas duren máis tempo é máis eficiente, asé coma máis económico que extraer novas materias primas.
Reparar salva o planeta:
A Terra dispón duns recursos limitados e non podemos manter un proceso linear de produción por tempo indefinido. A mellor maneira de sermos eficientes é reutilizando o que xa temos!
Reparar aforra cartos
Arranxar as cousas adoita ser de balde, e case sempre é máis barato que remprazalas. Facer a reparación por ti mesmo afórrache moitos cartos.
Reparar apréndeche enxeñaría
O mellor xeito de descubrir como funciona algo é desmontalo!
Se non podes arranxalo, non o posúes
Reparar conecta ás persoas cos aparellos, creando lazos que transcenden ó consumo. A reparación feita por un/unha mesmo/a é unha actividade sustentable.
Reparar conéctate coas túas cousas
Reparar dá poder e valor ás persoas
Reparar transforma ós/ás consumidores/as en contribuidores/as
Reparar xera orgullo no/a propietario/a
Reparar dá alma ás cousas e tórnaas únicas
Reparar é independencia
Reparar require creatividade
Reparar é verde
Reparar é pracenteiro
Reparar é necesario para entender os obxectos
Reparar aforra cartos e recursos
Temos o dereito:
A abrir e repara-las nosas cousas sen perde-la garantía
A aparellos que poidan ser abertos
A códigos dos erros e diagramas de conexións
A instrucións de reparación de problemas con apoio gráfico
A documentación para reparalo todo
A escolleren ó noso propio técnico de reparacións
A removeren as etiquetas adhesivas que din "do not remove" (non remover)
A repararen as cousas na privacidade dos nosos fogares
A substituíren todos e cada un dos nosos consumibles por nós mesmos/as
A equipamentos que non requiran ferramentas propietarias para reparalos
A pezas de recambio dispoñibles e a un prezo axeitado
Únete á revolución da reparación en iFixit.com
0 Comments